enPé é un estudio de arquitectura formado por un equipo dirixido por tres arquitectas que traballa principalmente en Galicia e está localizado en Santiago de Compostela.
Cunha ampla experiencia, desenrolamos proxectos globais de arquitectura e direccións de obra. Aínda que abarcamos todo tipo de proxectos, especializámonos en rehabilitación no rural.
Traballamos en cada proxecto de xeito personalizado, de maneira que nunca haberá dous proxectos ou dúas obras iguais porque cada cliente e cada lugar teñen a súa singularidade.
Creemos nun futuro de crecemento sostible, ligado á arquitectura, urbanismo e territorio, aplicados con criterios bioclimáticos, xunto con criterios de eficiencia e aforro enerxético.
É a nosa intención recuperar a relación coa natureza tan arraigada no noso pasado e tan importante para unha boa calidade de vida.
Os nosos grandes valores son por un lado o respeto, a relación próxima e a integración do construído coa natureza e entorno, e por outro, a recuperación e posta en valor do patrimonio arquitectónico rural.